Prato
Pechar

Prato

Servizo de mesa.

Prato cerámico de procedencia portuguesa aparecido durante unha prospección arqueolóxica subacuática no porto de Panxón, no concello de Nigrán, no ano 2012. A cerámica de procedencia lusa, faise moi popular nos séculos XVI e XVII para o servizo diario de mesa, predominando por tanto as pezas de formas abertas (pratos e cuncas), e mais raramente xerras. En contraposición ás de produción local de carácter redutor e por tanto agrisadas empregadas na cociña, estas son oxidantes e a pasta de color rosáceo, presentando case sempre un engobe vermello na superficie. O comercio de cerámica coa zona de Aveiro é froito dun activo trasfego de barcos para a procura de sal nas salinas desta localidade para fornecer os alfolíns galegos.

Dimensións:
20 cm 
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Século XVI 
Autoría:
Descoñecido. Aveiro (Portugal)