Cabeza de tartaruga Caretta caretta

Cabeza de tartaruga Caretta caretta

Animal pertencente a familia Cheloniidae. Capturada en Flemish Cup.

No ano 2010 o Museo do Mar de Galicia instalou un gabinete científico con especies provenientes de diversas campañas realizadas polo Instituto Español de Oceanografía e o Instituto de Investigacións Mariñas nos bancos de Hatton Bank e Flemish Cup. Hatton Bank sitúase ó Noroeste de Irlanda e ó S. de Islandia e é un rico caladoiro de recursos pesqueiros. No 2005 o Instituto Español de Oceanografía fixo 6 campañas de investigación na zona, tres en buques de pesca e outras tres en oceanográficos. As primeiras serviron para coñecer as especies e as derradeiras a batimetría e xeomorfoloxía dos fondos.

En Flemish Cup, montaña submarina de 4000 m de altitude, situada entre a plataforma continental do Canadá e o estreito do mesmo nome, iniciáronse nos anos 50 campañas de investigación, e dende os 80 con buques oceanográficos. O instituto de Investigacións Mariñas, dependente do CSIC, fíxose cunha colección ictiolóxica de 163 especies de 67 familias. Na actualidade as coleccións destas institucións están depositadas no Museo do Mar de Galicia e parte de elas amósanse nun espazo denominado Gabinete Científico.

Dimensións:
-
Material/soporte:
Vidro, alcohol e orgánica
Contexto cultural:
Século XX
Autoría:
-