Equipo de mergullo
Pechar

Equipo de mergullo

Traxe para o mergullo.

August Siebe, creador do equipo de mergullo do seu mesmo nome, naceu en Prusia en 1788. En 1816 emigra a Gran Bretaña onde se instala como enxeñeiro. En 1837, une o casco creado polos irmáns Deane a un traxe seco mediante o emprego de doce bulóns que fan un selo hermético. As pesadas botas e os chumbos permitían manter a verticalidade sobre o fondo. Esta equipa conectábase mediante unha mangueira coa superficie onde se situaba un compresor de ar. Este innovador equipo de mergullo converterase no prototipo dos sistemas semi - autónomos e con poucas modificacións que chegou ata os nosos días. Para usar este equipo era necesario o emprego dun compresor de ar de dous cilindros e tracción manual deseñado para subministrar ar a dous buzos simultaneamente a profundidades medias ou a un só a grandes profundidades. Ao redor de 1850 comeza a produción das bombas de pé. Na exposta no Museo pódese ler o código de sinais entre o buzo e a superficie.

Dimensións:
Traxe 200 x 60 cm. Compresor 127 x 65 cm. 
Material/soporte:
Bronce, chumbo e tea 
Contexto cultural:
Primeiro terzo do século XX 
Autoría:
SIEBE GORMAN & Co. Ltd. Inglaterra