Modelo do navío Beagle. Réplica

Modelo do navío Beagle. Réplica

Modelo do Bergantín da clase cherokee Beagle.

O modelo do Museo do Mar de Galicia foi realizado polo carpinteiro de ribeira Francisco Fra e está baseado nos planos orixinais do almirantazgo británico.

O Bergantín da clase cherokee Beagle, propiedade da Mariña Real Británica, foi botado no río Támesis en 1820, para realizar varias expedicións científicas. Das tres realizadas, a máis famosa será a segunda, pois nela participou un naturalista mozo, Charles Darwin, que revolucionaría posteriormente a historia da bioloxía. Nesta segunda viaxe o HMS Beagle sufriu máis modificacións: levantouse a cuberta superior, colocouse un revestimento no fondo, engadíronse mellores velas, proveuse de botes auxiliares e ata se instalou unha cociña con forno. Os instrumentos de navegación e meteorolóxicos a bordo tamén eran os mais sobranceiros da época.

Dimensións:
900 x 700 cm
Material/soporte:
Madeira, cobre, bronce, ferro
Contexto cultural:
Século XXI
Autoría:
FRANCISCO FRA. San Cibrao (Lugo)