Sertidora

Sertidora

Empregábase para o peche hermético de latas de conserva.

Formada por unha estrutura vertical que se suxeita a unha horizontal a través dunha palometa. Na parte superior consta dunha manivela de presión cunha asa que leva unha peza de madeira que facilita o seu manexo. O mecanismo actúa mediante diversos engrenaxes. Denominación "Cerradora S-10". Inscrición nun lateral "Somme Bilbao". Na parte inferior do volante de presión aparece a inscrición "S1173"

Dimensións:
60 x 34 cm
Material/soporte:
Aceiro e madeira
Contexto cultural:
Primeiro cuarto do século XX
Autoría:
SOMME. Bilbao