Modelo de batea de mexilón
Pechar

Modelo de batea de mexilón

O conxunto está formado por unha peza central que reproduce o casco dun barco con catro mastros dos que saen tensores de ferro cara uns traveseiros de madeira. Do casco saen horizontalmente uns traveseiros que forman unha grella a cada costado do casco. Desta grella penden cordas (30 uds), que teñen atravesados pequenos anacos de madeira. Na proa do casco sae unha cadea e un morto de pedra.

Arredor do ano 1945 fondéase na Ría de Arousa a primeira batea de mexillón, aínda que existen noticias da instalación na década das anos 30 dun prototipo en Moaña. Neste sistema de cultivo, importado do delta do Ebro, o molusco é suspendido en cordas dende unha plataforma de madeira. A partir da década dos anos 50 o sistema esténdese por todas as rías de Galicia, utilizándose como elementos fixos da estrutura das bateas, vellas embarcacións en desuso, sobre todo de transporte de mercadorías, entre os que destacaban o pataches e os galeóns.

Dimensións:
450 X 380 X 600 cm 
Material/soporte:
Pedra, madeira e corda sintética 
Contexto cultural:
Século XXI 
Autoría:
Estaleiro TRIÑANES DOMÍNGUEZ. Boiro (A Coruña)