Prensa de salga de sardiña
Pechar

Prensa de salga de sardiña

Peza empregada para o prensado da sardiña salgada.

Esta prensa do Grove, que en orixe se situaba no “morto” da factoría, está conformada por 4 pedras macho empregadas como brazos de panca e tres pedras basais onde se colocan os tabais e por onde descorre o saín.

A chegada dos cataláns no século XVIII a Galicia e o emprego que facían da prensa mecánica para extraer a auga e a graxa dos tabais de peixe, revitalizou a salga de sardiña que tradicionalmente realizaba o escorrido por medios manuais dende época romana.

Dimensións:
290 X 140 X 130 cm 
Material/soporte:
Pedra, madeira e corda de fibras vexetais 
Contexto cultural:
Século XVIII 
Autoría:
Descoñecido. O Grove