Motor de Vapor

Motor de Vapor

Motor de vapor de tres pistóns. Presenta unha caldeira de vapor. Pintado en verde. Impreso no motor aparece: Construcciones Navales P. Freire S.A Vigo. Bouzas. España.

A partir de 1910 esta empresa fabricará motores de vapor con patente propia. Este motor, fabricado en orixe para un mercante e que nunca entrou en uso, procede da Escola Náutico Pesqueira de Vigo.

Dimensións:
250 x 300 cm
Material/soporte:
Ferro e bronce
Contexto cultural:
Metade do século XX
Autoría:
CONSTRUCCIONES NAVALES P. FREIRE. Vigo