Virxe do Carme
Pechar

Virxe do Carme

A imaxe representa á Virxe de pé, sostida por un grupo de anxiños, vestida coa túnica de cor castaña escura propia da Orde do Carmelo, cunha ancha franxa por diante e un manto branco pechado no pescozo; este manto ou capa cubre o peito e os ombros de María, ábrese por diante, permitindo a visión total da túnica e apoiase nos brazos para colgar lateralmente, en brandos pregues, cubrindo totalmente as costas da imaxe. O borde do manto e da túnica están decorados por unha orla dourada.

É coñecida a devoción dos pobos mariñeiros galegos a esta advocación, a Virxe do Carme, protectora por excelencia das xentes do mar. Posiblemente é obra do importante obradoiro de José Gambino en Santiago de Compostela.

Dimensións:
68 X 27 cm 
Material/soporte:
Madeira policromada 
Contexto cultural:
Derradeiro terzo do século XVIII 
Autoría:
Obradoiro de Gambino. Santiago de Compostela