Canón baleeiro
Pechar

Canón baleeiro

A peza consta dunha base que vai fixada ao chan e sobre esta vai instalado o canon, unha peza cilíndrica que conta con varios mecanismos que facilitan o seu manexo. A peza está pintada en azul-cinzento. Na parte superior leva unha placa: Kongsberg Vapenfabrikk. Bremsen Fylles Helt Med. 2/3 Glyserin Og 1/3 Vanm Det Medgar 3,2 L. VESKE. Tamén aparece gravado sobre o propio canon o seguinte texto: Kongsberg Vaperfabrikk 1949 nº 660. Ao canon fáltanlle algunhas pezas.

Este modelo de canón estivo montado nos baleeiros da IBSA que operaron nas costas galegas na segunda metade do século XX. O vencello noruegués coa caza de cetáceos en Galicia fai que esta fose a fonte de procedencia primordial das ferramentas coas que operou esta compañía.

Dimensións:
141 X 94 cm 
Material/soporte:
Ferro e bronce 
Contexto cultural:
1949 
Autoría:
KONGSBERG VAPERFABRIKK. Noruega