Octante de Hadley
Pechar

Octante de Hadley

Instrumento composto por un sector circular graduado de 45º, para medidas de ángulos menores de 90º. A estrutura é de madeira e o limbo graduado en marfil. Coñécese como octante de Hadley. Utilízase para medir mediante o emprego dun espello ao ángulo entre a Osa Maior e o horizonte. Trátase dun instrumento utilizado na navegación para determinar a altura dun astro sobre o horizonte e determinar a posición do navío.

Dimensións:
35 x 29 cm 
Material/soporte:
Madeira de ébano, bronce e marfil 
Contexto cultural:
Século XVIII 
Autoría:
SPENCER, BROWNING & RUST. London. Inglaterra