This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Secante

Peza de madeira de forma rectangular coa base cóncava e forrada con papel poroso. A peza está decorada con motivos vexetais a base de follas de acanto e arabescos. O motivo central da bandexa é de tema heráldico: dous leóns que sosteñen un escudo -oculto baixo o pomo-sobre o que hai un helmo. Os bordos levan pespuntos con fita de coiro.

O secante permite absorber a tinta sobrante nun manuscrito. Esta peza forma parte dun conxunto de escribanía que conta cunha bandexa, un tinteiro, e un depósito para gardar puntas de pluma estilográfica.

Dimensións:
15,5 x 9 x 8,5 cm 
Material/soporte:
Madeira. Coiro. Papel / Curtido. Repuxado. Ensamblaxe 
Contexto cultural:
Segunda metade do século XX 
Autoría:
Descoñecido