This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Afialapis fixo de manivela

Aparato con forma de prisma e base circular de plástico negro que ten nun lateral unha manivela con mango de madeira e que nun extremo ten unha pequena roda con cinco posicións das que depende a punta que se quere obter. No mesmo lado pero máis abaixo ten unha pequena panca que se move de diante cara a atrás. No lateral contrario hai unha peza circular con tres coitelas no interior que se manipulan cunha pequena panca; ao abrir o oco introdúcese o lapis e coa manivela do outro lado afíase. A madeira e as minas sobrantes caen nun caixón rectangular que se saca para baleirar e limpar.

O afialapis fixo era o común nas escolas antes de popularizásese o afialapis portátil. A diferenza deste último, consegue un afiado moito máis uniforme. Non obstante foi finalmente desprazado polo portátil debido á súa maior comodidade.

Dimensións:
15 x 11 x15 cm 
Material/soporte:
Aceiro. Plástico. Madeira 
Contexto cultural:
c.a. 1970 
Autoría:
Descoñecido