This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Le Signal

Instrumento de madeira de buxo vernizada formada por un mango torneado cun avultamento esférico na súa parte superior, na que se asegura sobre unha fenda cilíndrica unha sedela que permite balancear un escarvadentes sobre outra pequena esfera no seu extremo superior.

Reprodución dun instrumento procedente de Francia, utilizado polos "Fréres deas Écoles Chretiens" (Irmáns de La salle) e dende 1878 en España, cando fundan as súas primeiras escolas. Utilizábase cun clic para dar paso nas lecturas, recitados, exposicións verbais, etc., dun alumno a outro. Dous clics seguidos indicaban erro na lectura. Se persistía, entón tres golpes de signal demandaban a máxima atención. Aforraba esforzo vogal inútil aos mestres da época.

Dimensións:
22 x 5 x 5 cm 
Material/soporte:
Madeira / Torneado 
Contexto cultural:
2004 
Autoría:
Descoñecido