This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Enciclopedia Intuitiva, Sintética e Práctica. Terceiro Grao

Libro encadernado en cartoné, con lombo en tea. Na cuberta, imprimida en cor, dous nenos con libros consideran a posta de sol nunha paisaxe marítmo na que se pode apreciar un barco de vela. Nela figuran autor e título: "ALVAREZ.- Enciclopedia. - INTUTITIVA, SINTETICA E PRACTICA. - TERCEIRO GRAO". Na contracuberta figura o anagrama da empresa editora, sobre un círculo, coa lenda "EDICIÓNS. - MIÑON.- VALLADOLID" e mención do prezo: "Prezo: 65 Pts." O interior combina texto e debuxo, maioritariamente en negro, aínda que as páxinas centrais, sen foliar, están imprimidas en cor, así como tres folios tamén sen foliar, comprendidos entre as páxinas 544 e 545.

A enciclopedia está deseñada para realizar a través dela un ensino memorística. Para iso, Antonio Álvarez -que era mestre- utilizou textos e lecturas sinxelas de reforzo en cada lección, ademais de incorporar debuxos que podían ser copiados polo alumnado. Esta enciclopedia gozou dun grande éxito, ata o punto de converterse en toda unha icona da escola do franquismo.

Dimensións:
21,5 x 15 cm, 635 páx. 
Material/soporte:
Papel. Cartón / Impreso en offset 
Contexto cultural:
1965, 96ª edición 
Autoría:
Antonio Álvarez Pérez