This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Carraca

Obxecto de madeira que produce ruído ao xirar sobre un eixe dentado e chocar cunha peza de madeira flexible chamada lingüeta. Posúe un mango para ser xirado mediante un movemento rotatorio da man, e unha caixa de resonancia no extremo, oca, para amplificar o son.

As carracas empréganse para varias funcións, á parte da máis básica de xogo infantil sonoro: como espantallo, en cuxo caso se colocan sobre un soporte e, a xeito de viraventos, se impulsa polo vento. Era tamén habitual o seu uso en Semana Santa, nos chamados "oficios de tebras" na noite de Venres Santo, en que se apagaban todas as velas da igrexa e os nenos facían ruído para simular a tormenta que acompañou a morte de Cristo. Bibl.: Cortizas, Antón (2013), Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, Vigo: Xerais, 729-731.

Dimensións:
18 X 22 x 6 cm 
Material/soporte:
Madeira 
Contexto cultural:
c.a. 1990; Esteiro (Muros) 
Autoría:
Artesanal