This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Modelo escolar de máquina de vapor

Aparato montado sobre un pé circular con restos de pintura granate, enriba do cal se sitúa o fogar cunha porta e catro ocos ovalados de ventilación, dentro do o cal vai un quentador circular de alcohol. Sobre o fogar encóntrase unha caldeira de latón que ten a un lado unha roda voante con restos de pintura vermella que se move coa calor e que á súa vez fai xirar a polea que está ao outro lado; na súa parte posterior conta cun manómetro, unha válvula de entrada de líquidos un tubo cilíndrico de escape que sae do centro, de cor negra e metal dourado.

Unha máquina de vapor é un aparato que consiste nun motor de combustión externa, que converte a enerxía térmica existente no vapor de auga en traballo mecánico. Trátase dunha peza bastante común nos Gabinetes de Física e Química que se desenvolverán nos centro de ensino secundario fundamentalmente a partir da aplicación da chamada Lei Moyano, de 1857.

Dimensións:
30 x 15 x 13 cm 
Material/soporte:
Ferro. Latón 
Contexto cultural:
c.a. 1910 
Autoría:
Descoñecido