Botella de tinta estilográfica Pelikan Azul-Negra

Recipiente en forma de botella. Ten corpo prismático estreitado á altura do colo para dar lugar a unha pequena boca que se pecha cun tapón de rosca de plástico de cor negra. Mostra unha etiqueta adherida coa marca comercial da tinta que contiña no interior.

A compañía Pelikan nace en 1838, da man do químico Carl Hornemann. Os seus produtos escolares comezaron a súa andaina a partir das pinturas, e pronto introducirá as tintas como materia complementaria para un par de elementos cruciais dentro do enxoval escolar: a pluma e o tinteiro. A gran variedade de formas de botellas e etiquetas con que contaba a empresa contribuíu en boa forma ao seu recoñecemento.

Dimensións:
23 x 13 x 10 cms
Material/soporte:
Vidro. Plástico. Papel / Moldeado. Tipografía
Contexto cultural:
Segunda metade do século XX
Autoría:
Marca Pelikan