Buxaina, peón

Buxaina, peón

Peza de madeira en con forma cónica ou de pera que se fai xirar cun cordel (a piola) previamente enrolado ao seu redor na parte cónica, chamada barriga. Está provista dunha punta de ferro na parte inferior, chamada ferrón ou puga, e coroada na superior cun pequeno apéndice de madeira chamado virulusa, pirucho ou culitaina.

Xoguete infantil tradicional, popular, de movemento, que require habilidade física. Bibl.: Cortizas, Antón (2013), Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais. Vigo: Xerais, 508-519.

Dimensións:
8x4,5x4,5 cms.
Material/soporte:
Madeira, ferro
Contexto cultural:
2ª metade século XX
Autoría:
Descoñecido