“La Terre / Globe”
Pechar

“La Terre / Globe”

Esfera de grande tamaño, feita en cartón-pedra policromado, que representa un mapa físico da superficie terrestre, indicando os seus diferentes lugares e partes, con texto en francés. Está atravesado por un eixo norte-sur coa inclinación propia da terra, que xira coa axuda dun volante metálico na súa parte inferior, apoiándose nos extremos dun semimeridiano de madeira. O conxunto repousa sobre un pé de ferro en forma de trípode.

Os globos terrestres eran empregados nas clases de Xeografía, non só para ilustrar a forma e partes da terra, senón tamén para calcular a lonxitude e latitude dun determinado lugar, ou calcular a hora en calquera lugar da terra a partires doutro lugar no que se coñece.

Dimensións:
110x160x110 cms. 
Material/soporte:
Cartón-pedra, papel litografiado, ferro. 
Contexto cultural:
c.a.1880 
Autoría:
Descoñecido