Modelo clástico de man

Modelo anatómico clástico en cartón pedra policromado en escala aproximada 2:1 que representa a disección dunha man ata o terzo inferior do antebrazo dereito representando nervos, músculos, venas e outras estruturas con pezas desmontables. As distintas partes sinálanse con etiquetas co nome en francés ou cun número.

Estes modelos eran de utilidade para o estudo da Historia Natural xa que contribuían á divulgación dos coñecementos de Fisioloxía e Anatomía.

Dimensións:
49x31x17cms.
Material/soporte:
Cartón-pedra, cáñamo encolado.
Contexto cultural:
1885
Autoría:
Dr. Auzoux