Telurio con lunario

Telurio con lunario

Unha columna armada nunha base de ferro fundido, con base rectangular, sostén un brazo móbil ao final do que se atopan dúas esferas que representan a terra e a lúa. Unha lámpada eléctrica colocada canda a columna simula o sol. Por medio dunha manivela e varios engranaxes é posible producir movementos no brazo móbil.

É unha maqueta que representa o sistema formado polo sol, a terra e a lúa. O telurio empregábase para simular os movementos da terra e as súas posicións respecto do sol e e da lúa, o que permitía reproducir a sucesión das estacións, o cambio de día á noite, o movemento aparente do sol e, cando se combina cun lunario, coma neste caso, as fases lunares e os eclipses. Empregábanse nas clases de Cosmografía, unha materia que formou parte dos programas de Física, Matemáticas ou Xeografía, segundo os distintos plans da Segunda Ensinanza.

Dimensións:
38,5x46x14cms.
Material/soporte:
Ferro, latón, papel, madeira, vidro
Contexto cultural:
Primeira metade do século XX
Autoría:
Descoñecido