Patín de tres rodas
Pechar

Patín de tres rodas

Plataforma alongada sobre tres rodas, dúas delas en paralelo na súa parte traseira. A outra na zona dianteira na parte inferior dunha barra de dirección, atravesada por un travesaño torneado de madeira que se atopa aparafusado á dita barra na súa parte superior. O canto das rodas está reforzado por unhas tiras de caucho.

Aínda que se trata dun xoguete artesanal de uso infantil, o máis habitual era que fora construído por un artesán ou un familiar adulto. Utilízase para o desprazamento, ben costa abaixo ou impulsándose cun pé mentres o outro se mantén na plataforma.

Dimensións:
94x63x28cms. 
Material/soporte:
Madeira, caucho. 
Contexto cultural:
2ª metade século XX 
Autoría:
Descoñecido