Encerado

Encerado

Obxecto rectangular formado por sete taboleiros horizontais de madeira pintados de cor negra con pintura especial para encerados que permite escribir sobre ela. Os tablóns están enmarcados con catro pezas, tamén de madeira, suxeitos con cravos de ferro.Ten, ademais, na parte inferior dereita, unha caixiña de madeira onde colocar o xiz e o borrador

Presente desde o a século XVIII ata a actualidade, o encerado constitúe unha ferramenta didáctica de apoio á comunicación oral, permitindo ilustrar as explicacións do profesorado e situalas de xeito coherente, ordenado e sintético. Asemade, é empregado polo alumnado, o que permite observar a súa actividade e titorizar a súa aprendizaxe paso a paso.

Dimensións:
95x245x9 cms.
Material/soporte:
Madeira
Contexto cultural:
Mediados do século XX
Autoría:
Descoñecido