Peto de esmolas “Ayudad a las misiones”
Pechar

Peto de esmolas “Ayudad a las misiones”

Figura que representa o busto dunha muller de rasgos orientais. Sobre unha base rectangular, que ten un oco circular cun tapón de cortiza, levántase unha cabeza feminina. Na parte frontal desa base hai unha inscripción manuscrita co texto, en maiúscula, “-AYUDAD A LAS MISIONES-”. A figura ten un quimono de cor rosácea con adornos verdes; a cara e o pescozo teñen unha cor branca, labios pintados de vermello, ollos azuis e cellas; a cabeza de cor negro e liso, remata nunha especie de moño atado por unha cinta azul e con dous adornos florais aos lados de cores marela, azul, verde e vermella. Na parte superior deste moño leva unha ranura para introducir moedas.

Os petos para o Domund (acrónimo de “Domingo Mundial das Misións”, xornada que se celebra desde o ano 1926) empregábanse para recoller axudas económicas para soster a labor misioneira da igrexa católica por todo o mundo. O habitual era que se repartira entre nenos, por iso a súa presenza nas escolas era recurrente.

Dimensións:
19,5x12,5x8 cms. 
Material/soporte:
Cerámica moldeada, policromada e esmaltada. Cortiza. 
Contexto cultural:
c.a. 1940 
Autoría:
Descoñecido