Láminas de Historia Sagrada

Láminas de Historia Sagrada

Expositor con marco de madeira rematado en copete e frontal de vidro. Na parte superior conta con dúas arandelas que permiten penduralo na parede. A través dun sistema de doble rolo no seu interior accionado por manivela, pode desprazar as esceas cara arriba ou cara abaixo e así dispoñer delas dun xeito inmediato.A colección de láminas consta dunha serie de cadros numerados do 1 ao 119.

Constituían un material de apoio para a asignatura Historia Sagrada, obrigatoria na escola dacordo coa Constitución de 1876, que lle confería un carácter confesional católico. Bibl.: Museo Pedagóxico de Galicia (2013), A pedagoxía intuitiva. As láminas educativas, Santiago: Consellería de Cultura, Educación e O.U., Xunta de Galicia, 15.

Dimensións:
82x97x12cm.
Material/soporte:
Cromolitografía
Contexto cultural:
Madrid, c.a. 1893
Autoría:
Saturnino Calleja, editor