Mapeiro
Pechar

Mapeiro

Moble rectangular cunha porta dunha soa folla que ocupa o ancho do armario e que se abre de esquerda a dereita; pola parte de fóra ten tres parafusos onde se poden colga-los mapas. Vai suxeita ó moble cun gancho que se mete nunha pequena arandela; o gancho está nun lateral que é tamen abatible de xeito que o moble pódese abrir con maior folgura. Ten uns ganchos para ir suxeito á parede. A parte superior pódese usar de repisa. O interior úsase para colga-los mapas e organízase cun sistema de peites que se estiran e encollen mediante bisagras e que permiten ver os mapas; en cada travesaño de madeira, polos dous lados, hai parafusos onde se colgan os mapas. Tamén na porta por dentro hai outros parafusos coa mesma función.

O mestre Celso Currás deseñou este trebello, orixinal e único, coa finalidade de ter arquivados nun reducido espazo da aula os mapas necesarios para desenvolver o seu labor docente.

Dimensións:
152x32x154 cms. 
Material/soporte:
Madeira 
Contexto cultural:
c.a. 1950 
Autoría:
Celso Currás, mestre da escola de Trabada (Lugo)