Pupitre bipersoal
Pechar

Pupitre bipersoal

Moble de madeira formado por unha tarima de táboas sobre a que se dispón, por detrás, un par de asentos movibles coas costas montadas nun eixe de madeira para prega-los. Na parte dianteira ten dúas táboas verticais unidas nos extremos cunha tapa fixa de plano inclinado para facilita-la escritura, na que se dispoñen dúas fendiduras para as plumas e dous buratos para os tinteiros, de cerámica. Baixo a táboa hai un estante corrido e aberto para colocar libros. Na parte baixa preto das patas ten un travesaño horizontal. Ten acabado con imprimación vermella.

Utilización como moble escritorio para nenos/as de ensino primario.

Dimensións:
75x105x78 
Material/soporte:
Madeira 
Contexto cultural:
1950 ca. 
Autoría:
Descoñecido