Ábaco contador
Pechar

Ábaco contador

Moble con estructura de madeira que descansa sobre dúas patas, travesaños, dos que sae o corpo, composto por unha pequena pizarra alongada cun caixón para o xiz sobre o que vai o ábaco propiamente dito: instrumento atravesado por nove arames horizontais paralelos en cada un dos que se insiren dez bolas movibles de madeira, agás na primeira fila, comezando por abaixo na que só hai nove. Detrás destes arames hai outros oito verticais cara ó lado esquerdo. Ós lados do ábaco hai letras e números: á esquerda números do 0 ó 1, á dereita números románs: I, V, X, L, C, D, M, M. Arriba ten letras aínda que hai algunhas que están borradas: - C D - C D U - .. CONTADOR, abaixo pon: 10/ 1/ 100/ 10/ 1/ 100/ 10/ 1/ 0,1/ 00,1/ 000,1 e debaixo desto: De Millón/ De Mil / Simples /Decimales. Debaixo do encerado hai unha plaquiña na que pon: Dalmau Carles Pla S. A. Gerona. A madeira está vernizada e na súa cor.

Uso nas etapas preescolar e primaria para aprender a contar.

Dimensións:
152x35x63 cms. 
Material/soporte:
Madeira e arame 
Contexto cultural:
Siglo XX. 1ª 1/2 (1940 ca) 
Autoría:
Dalmau Carles Pla S. A. (Girona)