This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Microscopio

Instrumento sobre sustentáculo que consta de varias partes: Tubo óptico cilíndrico alongado onde vai o obxectivo e lente de campo, e o ocular que é onde pon o ollo o observador e que dispón dunha lente. Este cilindro, que ten nun lado un engranaxe de cremalleira usado para regular hacia arriba ou hacia baixo o tubo e acerca-lo ou alonxa-lo do obxecto que se vai examinar, remata noutra lente moito máis pequena que se sitúa enriba da platina ou portaobxectos, onde se deposita a mostra e que leva as lentes do condensador (4); na parte máis baixa vai o espello sobre o que incide a luz que ilumina a mostra. Unido ó cilindro principal vai outro máis pequeno e que ten unha rodiña na parte superior. Todo remata en dous pés de ferro.

Esta peza utilizouse na educación primaria, para observar pequeños obxectos dos que se obtén unha imaxe moi aumentada mediante un sistema de lentes.

Dimensións:
32x12,5x9,5 cms. 
Material/soporte:
Aceiro/Industrial 
Contexto cultural:
c.a. 1900 
Autoría:
Descoñecido