Esfera armilar

Aparello formado por unha base de madeira, circular, de sección lixeiramente cónica, e no centro da mesma un pé torneado. No extremo deste apóiase unha lámina de ferro en forma de semicírculo que soporta un círculo de bronce, de sección transversal rectangular e case plana, con tres liñas concéntricas gravadas, está graduado cunha liña milimétrica no perímetro interior, na seguinte leva unha división que se corresponde coa numeración do 0 ó 90 que vai na seguinte liña, esta numeración está dividida en catro segmentos. No interior deste círculo vai outro, vertical, coa lámina máis estreita, que tamén leva unha numeración. No interior desta unha estructura esférica formada por tres aneis horizontais e dous verticais. No interior deles, e saíndo dun eixe vertical, unha esfera de dimensións reducidas, co mapa da Terra. Os aneis horizontais representan o ecuador e os dous trópicos (faltan os polares); os verticais marcan os dous coluros dos equinocios. Todos os aneis levan impreso unha liña graduada en cada contorno e os nomes do que representan. Á altura do polo norte sae, cara ó interior, un tope ó que dan dúas liñas semicirculares, de metal, que rematan nun pequeno círculo cada unha e que representan o sol e a lúa, que van debuxadas como representacións antropomórficas nun papel.

O seu uso na escola é para ensinar xeografía astronómica. Os aros amosan os máis importantes círculos que se consideran no espacio e a súa posición relativa. Para ver o movemento da lúa e a terra con respecto ao sol.

Dimensións:
36x28,5x28,5
Material/soporte:
Madeira. Bronce. Ferro. Cartón // Torneado. Fundido. Impresión
Contexto cultural:
1880
Autoría:
Forest. París. Francia.