Barquiño de folla de lata

Barquiño de folla de lata

Barco de xoguete que ten a línea de flotación de cor vermella. A obra viva é de cor vermella e a obra morta é de cor branca e nela ten 7 ollos de boi en babor e 7 en estribor. Na popa ten o nome "Sissi" e un número "83" e na proa ten tamém o nome "Sissi". A cuberta leva as partes do barco pintadas (cabo, escala, salvavidas, portas...) e na ponte ten 5 fiestras, e candís nos lados. Ten unha gran cheminea cun peixe debuxado. A parte inferior do barco, de cor vermella, ten dúas rodiñas que dan voltas ó redor e outras dúas para mover de diante a atrás, e un espacio onde levaría as baterías.

Uso para xogo infantil de porcedencia industrial.

Dimensións:
19x37x10 cms.
Material/soporte:
Folla de lata. Plástico. Metal
Contexto cultural:
S. XX. 2ª 1/2
Autoría:
Juguetes EGE