Taboleiro de xogo coas súas fichas ou calculi

Taboleiro de xogo coas súas fichas ou calculi

Todo o conxunto está feito en pedra de lousa ou xisto de cor gris escura con algunhas manchas pardas; ten forma aproximadamente cadrada pero cos bordes irregulares e ten marcada unha cuadrícula, imperfecta, feita con incisións sobre a pedra. Co “taboleiro” expóñense 19 das fichas de pedra recuperadas ata agora no Castro.

Co nome de tabula lusoria ou tabula latrunculata coñécense os xogos de intelixencia e estratexia de época romana. Neste Castro documéntanse ata agora dous taboleiros deste tipo, un dos cales está case completo, cunha retícula incisa, de traza irregular pero claramente marcada, sobre a que se dispoñían as fichas ou calculi, tamén talladas no mesmo tipo de pedra, mentres que outras veces estas fichas eran anacos de cerámica ou doutras pedriñas máis singularizadas. Así, os habitantes do poboado galaico de Viladonga podían entreterse cun xogo similar ó das damas ou ó do “ladrón” (de aí o nome de latrunculata).

Dimensións:
36’5 x 32’5  
Material/soporte:
Pedra de lousa
Contexto cultural:
Galaico-romana
Autoría: