Pechar

Sólidos áureos acuñados polo emperador Teodosio a nome de Arcadio

Anverso: Cabeza mirando á dereita, con diadema de perlas e manto. Reverso: Figura de pé con estandarte na dereita e vitoria sobre globo na esquerda, pisando a un vencido.

Entre os achados monetarios deste Castro, ó lado de numerosas pezas de bronce dos séculos III e IV, destaca a aparición de dous solidi de ouro, conservados a flor de cuño dada a súa escasa circulación. Atopáronse, ademais, no barrio máis diferenciado no centro da croa, consonte con outros materiais moi senlleiros. Son cuñaxes feitas en Mediolanum (Milán) a fins do s. IV (ano 395) polo emperador Teodosio a nome dos seus fillos Arcadio e Honorio asociados ó trono, neste caso o primeiro, que logo herdaría o Imperio Romano de Oriente. No seu anverso levan o retrato imperial con diadema perlada e manto e a lenda D N ARCADIVS P F AVG (“Noso señor Arcadio, pío e feliz Augusto”), mentres no reverso vai un soldado con estandarte na man dereita e unha Vitoria sobre globo na esquerda, pisando un inimigo, coa lenda VICTORIA AVGGG (“Vitoria dos tres Augustos”).

Dimensións:
2’10  (Ø máx.). 
Material/soporte:
Ouro 
Contexto cultural:
Romana (394-395 d.C.) 
Autoría: