Pechar

Antoninianos

Antoniniano de Valeriano I (253-260 d.C.) Anverso (foto): Cabeza con coroa de radios mirando á dereita, coa lenda IMP C P LIC VALERIANVS P F AVG. Reverso: Figura da Alegría de pé e portando áncora e grilanda, coa lenda LAETITIA AVGG.

Antoniniano de Claudio II Gótico (268-270 d.C.). Antoniniano de Claudio II Gótico (268-270 d.C.) Anverso: Cabeza radiada mirando á dereita, coa lenda IMP CLAVDIVS AVG. Reverso (foto): Figura de  Marte andando á dereita e portando lanza e globo, coa lenda P M TR.

Os antoninianos, cun valor de dobre denario, son moedas típicas do século III e responden á reforma monetaria feita sobre o ano 214 polo emperador Caracalla. En orixe eran de prata pero foron perdendo valor metálico e sufriron varias alteracións, acabando por ser de bronce cun forro prateado. Neste Castro apareceron ata agora 5 exemplares destas cuñaxes. 

Dimensións:
1’90 (Ø máx.).  2’22 gr. // 2’77 (Ø máx.). 11’10 gr.   
Material/soporte:
Bronce 
Contexto cultural:
Romana 
Autoría: