Anel completo de acibeche

Anel completo de acibeche

Cunha decoración tallada no seu chatón ou parte plana figurando unha árbore esquemática ou elemento vexetal similar.

No Castro de Viladonga apareceron, coma noutros xacementos da mesma época, varias pezas de acibeche, maiormente aneis pero tamén colgantes de colar e outros adornos; o traballo deste material carbonífero, cun alto valor simbólico e mesmo “máxico”, documéntase ata o punto de que tamén se acharon aquí algúns anacos de acibeche en bruto, probablemente procedentes da veciña Asturias. 

Dimensións:
3’5(Ø máx.). Ancho 0’5  
Material/soporte:
Acibeche
Contexto cultural:
Galaico-romana
Autoría: