Anel completo de ouro con xema de prasio verde

Anel completo de ouro con xema de prasio verde

Co aro cicelado formando un nervio lonxitudinal flanqueado por pequenos glóbulos; o chatón ou xema é liso e ten un furadiño no centro.

Nun dos conxuntos ou barrios máis singulares do centro da croa do Castro apareceu esta preciosa xoia de ouro,  de tipo e cronoloxía  romana tardía, adornada cunha xema de prasio, variedade verdosa do ágata e da calcedonia. Os aneis son relativamente habituais en contextos arqueolóxicos romanos, pero son de máis rara aparición nos asentamentos castrexos. Porén, dada a ocupación principal deste castro, galaico-romana tardía, este sitio proporcionou varios achados deste tipo, feitos de bronce, ferro, acibeche e ouro, como é o caso deste exemplar, de gran beleza e perfección pola fina talla do seu aro e pola bela sinxeleza da xema de pedra preciosa que leva engastada.

Dimensións:
2 (Ø máx.). 10’8 gr. 
Material/soporte:
Ouro e ágata
Contexto cultural:
Romana
Autoría: