Arracada ou pendente en forma de crecente lunar
Pechar

Arracada ou pendente en forma de crecente lunar

Con cadeíña de suspensión por riba de orella. O corpo principal está composto de vinte laminiñas planas apegadas formando unha figura de crecente lunar, mentres a cadeíña se compón de varios fíos trenzados e cun pequeno tubo cilíndrico nun extremo, decorado con ondas en dúas bandas; ten unha argoliña ovalada.

Esta xoia corresponde a un tipo bastante común entre os pendentes castrexos, en forma de ril ou de crecente lunar, que adoitan estar compostas de varias (vinte nesta peza) láminas de ouro moi finas e apegadas. Neste caso apareceu tamén a súa cadea, así mesmo de ouro de finos fíos entrelazados, para colocala por riba da orella. Ó igual que os torques, esta xoia -de uso feminino- se ben é de tipo e cronoloxía castrexa (en torno ós s. III - I a.C), ten una gran supervivencia no tempo polo seu valor intrínseco e pola súa significación simbólica de poderío e riqueza dentro da comunidade galaico-romana que habitou este Castro ata o s. V d.C.

Dimensións:
3’5 x 3. 23’8 gr. 
Material/soporte:
Ouro 
Contexto cultural:
Castrexa 
Autoría: