Torques ou colar ríxido aberto
Pechar

Torques ou colar ríxido aberto

Con remates en forma de periña ou landra, cun furado para encaixalos nos extremos da variña. Esta é de sección circular, lisa no seu terzo central, con dúas cabezas de cravo compostas de fíos enrolados arredor dun botón, e decorada nos outros dous terzos laterais cun groso arame tamén arrolado á variña. Nun dos extremos apréciase a alma interior da variña.

Esta xoia castrexa de adorno masculino é un dos dous torques completos aparecidos no Castro de Viladonga, ambos os dous do mesmo tipo de arame enrolado e remates piriformes, o que os encadra no tipo chamado “ártabro”. O seu achado nun castro “romanizado” explícase en boa medida pola gran perduración das xoias áureas (neste caso con aliaxe de prata e cobre na súa ánima interior), como símbolo de poder, riqueza e posición social dentro da comunidade castrexa e galaico-romana.

Dimensións:
13’3 (Ø abertura máxima). 130 gr. 
Material/soporte:
Ouro, prata e cobre 
Contexto cultural:
Castrexa 
Autoría: