Xerra de boca trilobulada de cerámica común romana (con tres partes unidas)
Pechar

Xerra de boca trilobulada de cerámica común romana (con tres partes unidas)

Xerra de boca trilobulada (con tres partes unidas) de cerámica común romana, de cor ocre con manchas negras polo exterior, e con sinais de roda polo interior; a pasta é ocre e contén degraxante.

Aínda que incompleta, os fragmentos conservados desta xerra de mediano tamaño permiten identificar perfectamente a súa forma (a denominada Vegas 46), coa súa característica boca de tres lóbulos e unha soa asa. É unha vasilla propia para o servizo de mesa máis que de cociña, pese a que este exemplar conserva algúns restos de feluxe polo exterior.

Dimensións:
10 x 4 
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Galaico-romana   
Autoría: