Boca, ombreiro e parede de botella de vidro de cor verde clara

Boca, ombreiro e parede de botella de vidro de cor verde clara

Con moitas burbullas e impurezas de fabricación; o borde é exvasado cara a fóra. Está reconstruída parcialmente cos fragmentos A70-1280 e A70-1190.

Entre os materiais máis característicos dos xacementos ocupados en época romana están os recipientes e outros útiles de vidro, aínda que é máis rara a súa aparición en castros. No de Viladonga están, porén, ben representadas varias formas típicas de vidros romanos, para usos domésticos, de alumeado, de enfeites persoais, etc.    

Dimensións:
8’3 x 4’3 (Ø boca)
Material/soporte:
Vidro
Contexto cultural:
Romana
Autoría: