Puñal completo
Pechar

Puñal completo

Con empuñadura de sección circular (con concrecións de ferro irregulares), rematada en botón plano, baixo do que se advirte o arrinque dunhas posibles antenas. O "ricassos", ou parte situada baixo a empuñadura, está roto nun lado; a folla é triangular moi alongada, cun nervio central polas dúas caras.

Entre a panoplia de armas documentadas neste Castro, as máis abundantes son os puñais e aínda así son sempre moi minoritarios en relación ás ferramentas e mesmo algúns coitelos puideron ter usos moi diversos, domésticos, artesanais ou bélicos. Porén, esta peza é un bo exemplo de arma de ferro pese ó seu regular estado de conservación.

Dimensións:
30’7 x 4’5 x 1’5 
Material/soporte:
Ferro 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: