Choca para o gando
Pechar

Choca para o gando

Choca para o gando, case completo, cunha pequena asa de sección rectangular para pendurar polo extremo superior e coa boca case circular.

A presenza desta choca, chocallo ou campaíña permite comprobar, xunto con outras evidencias materiais como ósos ou pegadas, a existencia de animais domésticos no Castro de Viladonga, en especial de gando ovino, ó igual que sucede noutros xacementos similares tamén do ámbito rural galaico-romano.  

Dimensións:
9 x 4’5 
Material/soporte:
Ferro 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: