Pesa de teito de colmo

Pesa de teito de colmo

Feita de pedra de lousa ou xisto, de forma aproximadamente rectangular, cun burato para pendurar no lado máis estreito e redondeado.

Este tipo de pezas aparecen con certa frecuencia neste Castro e utilizábanse como contrapesos para suxeitar a palla ou colmo dos teitos vexetais das casas circulares ou de muros curvos, que convivían coas cubertas de tellas de barro (tégulas e ímbrices) introducidas pola romanización. Cando son de pequeno tamaño, que non é este o caso, puideron servir como pesas de tear vertical.

Dimensións:
36’5 x 15 x 3’5  
Material/soporte:
Pedra de lousa
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana
Autoría: