Pechar

Xerra de cerámica castrexa

Sen fondo pero reconstruída totalmente. Ten borde cara a fóra, cunha asa de sección rectangular na parede, que ten unha lixeira carena no terzo inferior. Leva unha decoración impresa de liñas de puntos facendo zigzag, entre outras dúas liñas paralelas por debaixo do borde. A peza é de cor negra con manchas ocres polo exterior e está feita de pasta ocre con degraxante areoso de cuarzo.

Entre as diversas formas cerámicas de tradición castrexa presentes no Castro, pódense destacar as xerras, comunmente cunha soa asa, que son de tamaño mediano, con boca en xeral ancha e ás veces, coma neste caso, portando unha decoración tipicamente castrexa a base de motivos xeométricos combinados, impresos ou incisos. Interprétanse como pezas de uso doméstico tanto para a cociña como para a mesa e para todo tipo de alimentos (líquidos, pastosos, áridos, etc).  

Dimensións:
11 (alto) x 8’5 (Ø boca) 
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: