Fragmento de tégula ou tella plana

Fragmento, de forma triangular, dunha tégula ou tella plana de barro, con degraxante de cuarzo; de cor ocre, con borde de sección trapezoidal. Na parte anterior, preto do reborde, leva un selo impreso e de forma circular con letras en alfabeto grego.

Este anaco de tella é un claro indicador da ocupación do Castro de Viladonga en época galaico-romana, pero ó lado de centos de pezas de similar tipo e función, esta ten un selo impreso cando o barro estaba fresco e escrito en alfabeto grego, coa palabra Aquidon ou Ajidon, que pode ser o nome do seu fabricante, só documentado ata agora neste xacemento galego, ou ben que faga referencia á función ou destino - ou mesmo ó propietario - da construción á cuxa cuberta pertencería.

Dimensións:
21’5 x 13 x 2’8
Material/soporte:
Barro cocido
Contexto cultural:
Romana
Autoría: