Pechar

Enganche de cinto ou de tahalí

En forma de placa triangular moi alongada e con dous remaches, feito a fundición polo sistema da cera perdida; ten unha decoración en toda a súa parte superior feita a base de triángulos como impresos ou estampados que van encaixados entre liñas.

A pesar do seu pequeno tamaño, este gancho ou peza de enganche de cinto ou de tahalí para armas, é un obxecto que destaca pola súa boa conservación, pola súa coidada decoración e pola súa singularidade dentro das  pezas de vestimenta e adorno de persoas e/ou de cabalerías.  

Dimensións:
4’6 x 1’1 
Material/soporte:
Bronce 
Contexto cultural:
Galaico-romana 
Autoría: