Parede e fondo de cerámica romana (terra sigillata hispánica)

Feita a molde, con decoración a base de figuras de animais superpostas (lebres e quizais cegoñas ou aguias), separadas por grupos de tres liñas onduladas. Pasta tipo N-19, cor “vermello inglés”.

Este exemplar de cerámica fina de mesa, fabricado nos alfares de Tricio (A Rioxa) representa ben os recipientes da chamada “terra sigillata hispánica”, vasillas que son características e mesmo abundantes nos xacementos romanos pero máis raras, aínda que tamén presentes como demostra Viladonga, en sitios castrexos do Noroeste. Este exemplar corresponde á forma denominada Dragendorff 30 e leva unha decoración de figuras de animais frecuente neste tipo de vasillas.

Dimensións:
7’5 x 5
Material/soporte:
Cerámica
Contexto cultural:
Romana
Autoría: