Pechar

Placa de ferro en forma de peite ou “ripo” rectangular e alongado

Feito con variñas de sección rectangular unidas, máis anchas nos extremos; leva unha especie de prancha máis grande, tamén de forma rectangular, no centro e polas dúas caras.

É esta unha peza moi curiosa, feita de variñas e placas de ferro (hoxe en regular estado de conservación), e que ten unhas interesantes connotacións tanto arqueolóxicas como etnográficas, pois se trata dun peite ou ripo para esfiañar o liño; é un exemplo máis dos obxectos achados neste Castro que documentan ben os diversos labores, moi probablemente femininos, de tecido do liño e da la e que pode ser identificado precisamente polos seus paralelos etnográficos.

Dimensións:
35 x 13 
Material/soporte:
Ferro 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: