Pechar

Puñal de antenas

Feito probablemente en molde co método da cera perdida; leva uns remates en forma de botóns cilíndricos e ten unhas escotaduras ou entrantes ó comezo da folla, que é completamente lisa e de sección lenticular.

O seu pequeno tamaño non parece facelo moi adecuado para ser considerado como unha arma efectiva de carácter ofensivo, pero a súa forma é a dun típico puñal ou espada curta de bronce, denominados “de antenas” polos remates superiores da empuñadura. Esta peza, en moi bo estado de conservación, responde a tipos característicos da Idade do Ferro do NO peninsular, se ben o seu contexto de aparición neste castro de ocupación galaico-romana convértea en algo singular polo cal é plausible atribuírlle un uso votivo ou simbólico ou mesmo un carácter máis prosaico ou doméstico, e mesmo puidera servir a modo dun xoguete.

Dimensións:
15’4 x 5’1 
Material/soporte:
Bronce 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: